Listado de admitidos e reservas, para o Campamento no Mar 2022 que se celebrará no Albergue Xuvenil “Virxe de Loreto” (Porto do Son) do 26 de agosto ó 4 de setembro:
Deberase presentar cuberto e asinado o cuestionario informativo xunto coa seguinte documentación (en caso de non tela presentado no momento de facer a solicitude):
- Dni do menor (por ambas caras)
- Dni do pai/nai/titor (por ambas caras)
- Tarxeta sanitaria do menor (por ambas caras)
- Libro de familia (se se solicita bonificación por 2º irmán)
- Título de familia numerosa (se se solicita bonificación por familia numerosa)
- Foto recente do participante
A carta de pago deberán recollela no departamento de Servizos Sociais e realizar o pagamento antes do día 5 de agosto. Unha vez realizado o pago, deberán presentar o xustificante no mesmo departamento ou ben envialo ao seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.