O Concello da Estrada organizará o sábado 10 de setembro unha xornada gratuíta de marcha nórdica, que terá lugar no campo de fútbol 7, situado na zona deportiva estradense, co obxectivo de achegar este deporte á cidadanía.
A xornada desenvolverase de 10.00 a 13.00 horas e estará dividida en tres partes: en primeiro lugar, haberá unha parte teórica na que se lle entregará aos participantes o material necesario e aprenderán conceptos sobre este deporte coma a súa orixe ou os seus beneficios; logo, haberá unha parte práctica na que empregarán o material e aprenderán a técnica; e finalmente realizarán unha pequena ruta de baixa dificultade pola zona deportiva da Estrada co obxectivo de que poidan poñer en práctica o aprendido. Os/as participantes deberán acudir con roupa e calzado cómodos.
O obradoiro será impartido por Nacho García, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo, seleccionador do equipo galego de marcha nórdica, subcampión autonómico e instrutor deste deporte desde o ano 2015.
Aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse de balde ata o vindeiro día 9 de setembro, a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 67 77 02.