O Departamento de Servizos Sociais pon en marcha dúas novas actividades de pintura e de ximnasia dirixidas ás máis de 150 persoas xordas e con discapacidade auditiva empadroadas no municipio co obxectivo de facilitar a súa integración social.
A actividade de pintura terá lugar os martes, de 10.00 a 12.00 horas, nas instalacións da Asociación Galega das Artes; e a de ximnasia desenvolverase os venres, ás 10.30 horas no Novo Mercado. Aquelas persoas con dereito a beneficiarse destas actividades que desexen participar poderanse inscribir no Departamento de Servizos Sociais de 9.00 a 14.00 horas.