Yllana no Principal!

30 Setembro 2022

 greenpiss

EVENTO: Greenpiss

COMPAÑÍA: Producciones Yllana

DÍA/ HORA: Sábado 1 de outubro ás 21.00h

XÉNERO: Comedia xestual

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

PREZO: 10,00€ (venda anticipada no Concello da Estrada e na cafetaría As Tres Portiñas)

DURACIÓN: 80 min

 

SINOPSE: Greenpiss é unha divertidísima sátira sobre a ecoloxía, o futuro do noso planeta e a supervivencia da nosa propia especie. O quecemento global, o uso abusivo dos plásticos, o consumismo desenfreado, a desaparición de miles de especies animais e a posible extinción do ser humano son o punto de partida desta nova tolería teatral de Yllana.

 

Catro actores en estado de gracia que interpretan infindade de personaxes, desde políticos a pingüíns pasando por unha divertida Greta Thunberg; tratan un tema que está en boca de todos e sobre o que Yllana ofrece unha receita clara para combatelo: humor acedo e sen barreiras que non deixará a ninguén indiferente.

 

Esta comedia leva máis dun centenar de funcións por todo o territorio español desde o ano 2021, colleitando estupendas críticas e a aprobación do público alá por onde pasa. En Vigo e Carballo esgotou as localidades debendo dobrar función e rematando cunha ovación de máis de cinco minutos co público posto en pé. 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1