GOLULÁ - Galitoon Producións

03 Outubro 2022

 

GOLULÁ

Galitoon Producións

Premio ao Mellor espectáculo Infantil na 10ª Feria de Teatro de Castilla y León / Espectáculo mellor valorado na 9ª edición Domingos do Principal (Pontevedra) / Premio ao mellor espectáculo Innovador na 24ª MIT de Ribadavia.

golula

Día: sábado  8 de outubro

Hora: 12.30h

Xénero: Teatro de bonecos xigantes e luz negra

Catalogación: Público familiar +2 anos

Duración: 50 min

Lingua: Galego

Prezo: 3,00€ (venda anticipada Dpto Cultura a partir do luns 3)

 

Sinopse: Conta a historia de Lara, unha nena vaidosa, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo encargado de coidar á única nube que hai en Golulá. Un día, o malvado Doutor Terrier decide roubar a nube, obrigando a Lara e Bunka a facer unha viaxe chea de perigos e personaxes fantásticas.

 

Un dos espectáculos máis emblemáticos do teatro infantil en Galicia multipremiada a nivel nacional e cunha posta en escena de grande plasticidade. Perfecta para iniciar os cativos na maxia do teatro.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1