Pastel de escarapote - Escola Municipal de Artes Escénicas

03 Outubro 2022

pastel escarapote emae

PASTEL DE ESCARAPOTE

Escola Municipal de Artes Escénicas

 

Días: sábado  8 e domingo 9 de outubro

Hora: 21.00h (sábado) e 19.00h (domingo)

Xénero: Comedia

Catalogación: +12 anos

Duración: 70 min

Lingua: Galego

Prezo: 5,00€ (venda anticipada Dpto Cultura a partir do luns 3 e Calzados A Esquina)

 

Sinopse: Pastel de escarapote é unha disparatada comedia que reflicte os vaivéns emocionais e a relación amorosa entre cinco personaxes ao bordo do histerismo. Chelo do Rejo e Anabell Gago comandan un reparto de auténtico luxo, dirixidas por Marián Bañobre e acompañadas polo Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso.

 

Esta nova entrega da unidade de produción da Escola Municipal de Artes Escénicas asegura calidade e gargalladas a varrer. Unha aposta perfecta para desconectar e saír do teatro coa sensación de que a nosa vida sentimental goza dunha marabillosa saúde (cando menos en comparación coa que nos amosa esta tola montaxe).

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1