O MOME acollerá unhas charlas formativas en materia de compostaxe impartidas por técnicos de SOGAMA. As charlas, de carácter gratuíto, prolongaranse os días 24 e 26 de outubro ás 19:00 horas contando cun máximo de 50 persoas por día. Todos os interesados/as deberán reservar praza no teléfono 986570030.
Estas charlas enmárcanse dentro da iniciativa de compostaxe doméstica emprendida polo concello, en colaboración con Sogama.
Todos os participantes na charla serán obsequiados ao remate da charla cun manual didáctico de apoio que lles sevirá para aclarar posibles dúbidas.