O Concello da Estrada, por medio da Concellaría de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, anuncia a IV Gala do Deporte do Concello da Estrada, que vai a celebrarse o martes día 20 de decembro as 20h no Teatro Principal, na que será a festa do deporte estradense este ano 2022.
Volve este evento no 2022, despois de dous anos sen celebrarse pola COVID19. A suspensión da gala viña motivada por un lado, polas restriccións en recintos pechados e con aglomeración de público, e por outro, non se podía realizar unha valoración obxectiva cos mesmos criterios dos obxectivos acadados por deportistas e clubs, xa que os condicionantes de cada un para realizar á actividade, alteraron o seu normal desenvolvemento, por múltiples factores. Isto impediu que o xurado puidese realizar as súas propostas de forma equitativa e razoable.
Como novidade incluimos 3 novas categorias (mellor equipo, mellor evento e mellor adestrador) para dar cobertura máxima as modalidades existentes no noso concello. Establécense 12 categorías, que son as seguintes:
- Mellor deportista ano en curso (masculino e feminina).
- Mellor deportista de base ano en curso (masculino e feminina, ata 18 anos)
- Deportista/club revelación ano en curso.
- Mellor club/asociación/entidade deportiva ano en curso.
- Mellor club/asociación/entidade deportiva de traballo coa base ano en curso.
- Mellor equipo ano en curso.
- Mellor evento deportivo ano en curso.
- Mellor adestrador/a ano en curso.
- Mellor entidade patrocinadora, de apoio deportivo e/ou difusión a clubs/asociacións/entidades deportivas e deportistas federados da Estrada.
- Premio a traxectoria deportiva.
Os nominados nas distintas categorías daranse a coñecer nos vindeiros días, e previa reunión do xurado, coñeceranse os gañadores o mesmo día da gala. O premio a traxectoria deportiva non conta con nominados xa que será una nominación directa por parte do xurado.