Dando continuidade ó que se ven celebrando dende hai varios anos na Estrada, en consideración á gran importancia que o entroido ten na Estrada e na nosa comarca. Así como a relevancia que ten na nosa zona, o concello convoca o Concurso de Disfraces o vindeiro día 20 de Febreiro de 2023.
Os fins que persegue este concurso son :
-A orixinalidade e creatividade persoal
-A participación activa e humorística no desfile
Poderán participar neste certame tódalas asociacións, barrios, parroquias, colexios e persoas que o desexen. Non se porán limitacións en canto ao número máximo de participantes, pero sí haberá un número mínimo de cinco persoas para a categoría de grupos.
As inscricións faranse no Departamento de Alcaldía do Concello, das 9:00 ás 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concelllo ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. sendo imprescindible que o departamento de Alcaldía confirme a recepción da folla de inscrición enviada a este correo. A data limite de inscrición será o venres 17 de febreiro ás 14:00 horas.