O prazo de inscrición para participar no “XANTAR FESTA DO MAIOR 2023” permanecerá aberto dende o 28 de febreiro e ata o 14 de marzo (ambos días incluídos). As persoas interesadas poderán anotarse no Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres. Haberá aforo limitado de asistencia.
Poderán participar as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar empadroado no municipio da Estrada.
- Ter cumpridos os 65 anos (en caso de matrimonio ou parella, será suficiente que un dos dous cumpra este requisito)
A Festa do Maior terá lugar o sábado 18 de marzo ás 14:00 horas no Pavillón Municipal Coto Fereiro.
Porase a disposición das persoas que o precisen un servizo de autobús de carácter gratuito, para o traslado de ida e volta ata o lugar do xantar. Informarase aos usuaios que soliciten o servizo das rutas e horarios do mesmo.
O prezo do xantar será de 18 euros para matrimonio ou parella e de 10 euros para as persoas que acudan de maneira individual.