Con motivo da celebración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”, o Pleno do Concello da Estrada acordou por unanimidade que:
Neste ano 2023 os grupos políticos do Concello da Estrada queremos destacar que aínda que foron moitos os avances conseguidos, as desigualdades aínda persisten, igual que a discriminación e a violencia ás mulleres polo feito de selo, ante este feito non caben mornezas e non é entendible ser neutrais.
O 8 de marzo foi proclamado o Día Internacional polos Dereitos da Muller pola Organización das Nacións Unidas en 1975. Desde entón, é un día de celebración polos avances que conseguimos ao longo da historia e de reivindicación polo que nos queda por alcanzar en materia de igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida É indubidable que España é referente en materia de igualdade, o noso marco normativo é exemplo para moitos países que nos recoñecen a firme defensa dos dereitos das mulleres situándonos á cabeza no Índice Europeo de Igualdade de Xénero, neste sentido en Galicia destacamos pola nosa Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, impulsora no recoñecemento das distintas formas de violencia e desigualdades.
Este ano convócanos a necesidade de afianzar todos os avances conseguidos porque non debemos esquecer os colectivos vulnerables onde as mulleres atópanse en situacións de discriminación múltiple: por ser mulleres e por ter unha discapacidade, ser dunha raza ou etnia concreta, ter unha determinada idade ou vivir e traballar fóra das grandes cidades ou núcleos de poboación. Neste sentido temos en conta ás mulleres do mundo rural e o seu papel fundamental no desenvolvemento de actuacións relacionadas coa loita contra o despoboamento e o reto demográfico. No aspecto laboral, vendo os datos dos diferentes indicadores como traballo a tempo parcial, salarial, sectores produtivos, carreira profesional etc., as condicións de traballo das mulleres continúan a ser peores que as dos homes, tendo pouca presenza en determinados sectores profesionais e en cargos de dirección empresarial.
Ata hai uns anos o pensamento xeneralizado era que a violencia contra as mulleres era consecuencia de actitudes individuais e do ámbito privado. Grazas aos avances conquistados e a maior visualización e sensibilidade por parte da sociedade, conseguiuse situala no centro das preocupacións, con categoría de problema social, coa obrigación de dar resposta inmediata desde os poderes públicos. As violencias de xénero constitúen a cara máis escura da desigualdade. Desde o ámbito local debemos seguir co compromiso de construír unha sociedade igualitaria, que garanta os dereitos de todas as persoas, así como a participación activa na vida local. Estes compromisos débense plasmar no deseño e xestión dunhas políticas locais que convertan ás nosas sociedades en motores de transformación.
É por iso que acordamos:
Primeiro.- Intensificar os esforzos no desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o emprego, o empoderamento e a educación para a igualdade de oportunidades.
Segundo.- Incorporar a perspectiva de xénero en toda a actividade local e establecer unha coordinación adecuada entre as diversas áreas dos gobernos locais. Actualizar os sistemas e protocolos de actuación no desenvolvemento das políticas de igualdade en coordinación con todas as entidades implicadas.
Terceiro.- Expor sistemas de recompilación de datos desagregados para comprender e abordar as desigualdades de xénero para que, da súa análise, podamos ofrecer unha resposta axeitada e eficaz.
Cuarto.- Ampliar o sistema de atención a as vítimas de todas as formas de violencia machista contra as mulleres no marco das nosas competencias, avanzando na mellora dos sistemas de detección temperá, situando no centro de todas as medidas os dereitos das vítimas e o seu empoderamento, e atendendo ao recoñecemento ao dereito de reparación das vítimas.
Quinto.- Sumarnos e convidar a toda a Cidadanía a participar nosos actos organizados con motivo do 8M, así como aquelas accións e iniciativas que reivindiquen a igualdade e contra a violencia contra as mulleres.
HOXE, 8 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS NO MOME ENTREGARASE O PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DO CONCELLO DA ESTRADA A DONA MARUJA CASAIS REY, VOLUNTARIA DE CÁRITAS DURANTE 30 ANOS. É UN ACTO ABERTO AO PÚBLICO AO QUE CONVIDAMOS ASISTIR.