Escola Deportiva Municipal de Hípica

14 Marzo 2023

 

cartel hipicapeqAEstradaDeporte, en colaboración ca Sociedade Cabalar da Estrada (SOCADE), pon en marcha para este derradeiro trimestre do programa deportivo das Escolas Deportivas Municipais do curso 2022-2023, a Escola Deportiva Municipal de Hípica, como punto fundamental do convenio asinado entre ambas partes como entidade que entra a formar parte das Escolas Deportivas Municipais.

 

A actividade será ofertada para os meses de abril, maio e xuño, e servirá de ensaio para comprobar a aceptación entre a poboación, e con vistas a implantarse definitivamente para o curso 2023-2024.

 

Polo programa deportivo das Escolas Deportivas Municipais, o/a alumno/a, ten dereito a unha clase mensual. A maiores ten opción de poder asistir a máis clases pero xestionadas por SOCADE. É obrigatorio o uso do casco durante a actividade. Hai prazas limitadas e preferencia para empadroados/as.

  • Días: luns.
  • Horario: a determinar segundo a idade.
  • Lugar: recinto hípico de Guimarei.
  • Idades: nados/as no 2018 e anteriores.
  • Data de comezo: luns día 3 de abril.
  • Inscricións e máis info: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Aberto o prazo dente o mércores día 15 de marzo.

 

O prezo da actividade é a mesma que o resto de disciplinas:

  • Cota xeral: 36 €/trimestrais (Ata 19 anos e maiores de 65)
  • Cota adultos: 60 €/trimestrais (resto idades)
  • Bonificacións: 50% familia numerosa e 50% segunda actividade do programa das Escolas Deportivas Municipais. Non acumulables.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1