REPRESENTACIÓN DE “O SEÑOR DAS DUNAS”!, REPRESENTACIÓN DE “LADRÓN E FAMILIA”!! e O MAGO TOÑO E MANOLO DO ATLÉTICO NO TELECLUB DA COMEDIA!!!
DÍA 12 DE OUTUBRO ÁS 12.00 H. NO TEATRO PRINCIPAL
REPRESENTACIÓN DE “O SEÑOR DAS DUNAS”!
O programa de dinamización lingüística “falaRedes” trae ao Teatro Principal o espectáculo de animación con area “O SEÑOR DAS DUNAS, un espectáculo que está a triunfar por toda Galicia da man do Grupo Editorial Galaxia. Durante a representación un actor vai narrando unha historia ao tempo que un artista gráfico a ilustra sobre area. Ideal para público infantil! Entrada: De balde.
DÍA 12 DE OUTUBRO ÁS 21.00 H. NO TEATRO PRINCIPAL
REPRESENTACIÓN DE “LADRÓN E FAMILIA”!!
Tras o exitoso pase de “Shakespeare para ignorantes” protagonizado polo dúo cómico MOFA E BEFA, a compañía TEATRO DO ASTRACÁN, nacida ao abeiro da Escola Artística de Cuntis, trae ao Principal “Ladrón e familia”, a comedia de enredo coa que a compañía debuta no eido profesional galego. A montaxe é unha adaptación de Teatro do Astracán e Avelino González a partir da peza “Non hai ladrón que por ben non veña” do dramaturgo italiano Darío Fo, Premio Nobel de Literatura de 1997. Entrada: 3,00€
DÍA 13 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H. NA CASA ESCOLA DA SOMOZA
O MAGO TOÑO E MANOLO DO ATLÉTICO NO TELECLUB DA COMEDIA!!!
O TELECLUB DA COMEDIA chega á parroquia de Somoza da man dos artistas estradenses O Mago Toño e Manolo do Atlético. Maxia e monólogos cómicos compoñen a oferta desta parella nun espectáculo cheo de humor na que a interacción co público será principal protagonista. Un espectáculo ideal para disfrutar en familia! Entrada: De balde.