Biografía Carlos Loureiro

24 Mai 2010

Naceu en Callobre (A Estrada) no ano 1.957. Realizou os seus estudos primarios na Escola Parroquial de Callobre, pasando a continuación ao Instituto de Bacharelato da Estrada.  No ano 1.975 comezou  os seus estudos universitarios na Facultade de Filoloxía, na especialidade de Filoloxía Románica da universidade de Santiago de Compostela,  estudos que rematou no 1.980. Do 1.981 ao 1.983 impartiu docencia en Pontevedra, primeiro no “ Colexio Estudio” da Caeira e posteriormente no Instituto de Bacharelato “ Sánchez Cantón”.  No 1.983 aprobou  as oposicións de Agregado de Lingua e Literatura Galega e irá destinado  ao IES “Manuel García Barros” da Estrada, onde continua na actualidade. Ao longo dos anos formou parte de diferentes asociacións tanto culturais coma deportivas, tendo especial atención na actividade deportiva dos máis xoves.

 

O seu principal eido dentro da nosa cultura será o de  sacar á luz a obra anónima e esquecida do estradense Manuel García Barros. Así comezou coa edición da obra AVENTURAS DE ALBERTE QUIÑOI (Vía Láctea, 1.990), esta en colaboración co profesor Xesús Oreiro Pensado, para continuar coa edición, introdución e notas da obra CONTIÑOS DA TERRA (Ed. Xerais de Galicia, 1.999) e coa edición de ENREDOS (Edit.Galaxia, 2.000), DOS MEUS RECORDOS ( Edit. Galaxia, 2.001), da CARTA DA HABANA (Ed. Fervenza, 2.002) e O CEGO DE FORNELOS (Ed. Fervenza, 2.004) de Varela Buxán. No ano seguinte publicará CALLOBRE C.F. DOS ALICERCES A 2.002 (Fundación Cultural da Estrada, 2.003), onde se narra a historia de máis de sesenta anos de existencia deste exemplar Clube estradense.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1