Datas dunha vida

1884

Nace o 7 de xaneiro na parroquia de San Mamede, situada no concello de Boborás, O Carballiño. Fillo de Miguel Losada (notario) e Carme Diéguez Arias.

Os seus primeiros anos transcorreron entre o pazo de Moldes, a casa petrucial da familia —de orixe fidalga e ideoloxía ultraconservadora— e a vila da Estrada, onde o pai traballaba como notario. Mais moi novo foi levado interno á Garda para estudar o Bacharelato no Colexio Apóstolo Santiago de Santa Isabel de Camposancos cos xesuítas

1899

Obtén o titulo de bacharel no Instituto de Pontevedra.

1902

Después de pasar por la universidad de Deusto, finaliza sus estudios de Filosofía y letras en la Universidad de Salamanca. Comenzó a trabajar como profesor ayudante de Armando Cotarelo Valledor. En este momento Losada inició  su relación con el movimiento galleguista y con el agrarismo de corte social-católico. En los años siguientes luchó por que las antiguas reivindicaciones agraristas tuviesen un hueco en el nacionalismo, intentando, además, tender un puente entre las posturas galleguistas y la Iglesia —Losada nunca abandonaría  su religiosidad—.

1910

Acada o titulo de Doutor cunha tese titulada Simbólica e ideas filosóficas contenidas en “La Vida es Sueño”.

1911

Viaxa a Madrid co obxectivo de preparar oposicións á cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito, obtendo o primeiro posto. Tres anos despois -tendo sido destinado en diferentes centros como Catedrático de Instituto- toma posesión en propiedade dunha praza en Ourense. Losada integrouse á perfección no ambiente cultural da cidade.

1917

Ingresa nas Irmandades da Fala, pasando a desempeñar un papel relevante na conformación da ideoloxía nacionalista en Galicia. Resultará decisivo na evolución dos que chegarían a ser os compoñentes do Grupo Nós, atraendo a Risco, Noguerol, Otero Pedrayo e Cuevillas ás Irmandades.

En decembro foi o encargado de facer a presentación no teatro Apolo de Ourense da xira da embaixada catalanista encabezada por Cambó, e neses actos Vicente Risco fala por primeira vez galego en público.

1918

Presentase nas elección xerais de febreiro polo distrito da Estrada, onde se enfronta de novo ao bando dos Riestra nunha campaña de forte contido agrarista e anticaciquil, que se desenvolve aínda en castelán. E por segunda vez sae derrotado. É un dos poucos candidatos que presentan as Irmandades, aínda coa etiqueta de “rexionalistas”.

Preside a I Asemblea Nacionalista en Lugo.

1919

Trasladase a Pontevedra.

Escrebe Orientacións, Os camiños do agrarismo galego e A significación profunda do galeguismo, nos que mostra unha identificación básica cos postulados que naquel intre formulan os principais teóricos do nacionalismo, e moi especialmente Vicente Risco.

Nas eleccións xerais de xuño volve á carga no seu distrito da Estrada e preséntase á antevotación para impedir que se aplique o artígo 29, pero despois retira a súa candidatura para evitar unha nova e segura derrota.

1920

Xunto con otros persoeiros participa na fundación de revista Nós, que se fixo realidade a partir dunha idea súa.

1924

Entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.

Para alén dalgúns contos publicados en revistas como Nós ou Alborada -"Home viaxeiro", "Queixumes", "Conto sinxelo", "Amañecer"-, pezas teatrais -"A Domeadora"-, poemas e un breve escrito de ton filosófico -"Teoría cuasi trasdendental da velocidade"-, a obra de Losada componse fundamentalmente de ensaios -maiormente políticos-, que serían compilados en 1985 baixo o título de Obra completa. Porén, a forte influencia que Losada exerce nos componentes da Xeración Nós non se produce unicamente a través dos seus escritos ensaísticos -pouco numerosos, por outra parte-, mais sobre todo por medio da conversa, do discurso e do intercambio epistolar. Defensor da entidade nacional do país galego, esixirá a súa soberanía política como afirmación imprescindíbel perante un Estado centralista e explotador.

1929

Falece en Pontevedra a idade de 45 anos.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1