Datas dunha vida
1916
Nace o 26 de marzo en San Miguel de Castro. É o primoxénito de catro fillos : Manuel, Lisardo, Adolfo e Mª. do Carme, do matrimonio composto por Maximino Reimóndez Rey e a súa dona Carme Portela Silva.
1925
Con nove anos acompaña a seu pai no seu retorno a Cuba, da que regresaría, a raíz da súa crise económica na época de Machado, en 1931.
1931
Ingresa no instituto de Santiago e posteriormente nos Irmáns Maristas.
1935
Obtén o título de bacharelelato e comeza a carreira de medicina.
1936
Co estoupido da guerra civil, o estudiante Reimóndez pasa a prestar os seus servizos sanitarios no hospital de Santiago e xa incorporado a filas, atende aos feridos nas frontes de León, Teruel, Extremadura e Guadalaxara, para continuar os seus estudos no 1939.
1939
Licenciase na cidade de Oviedo e volta os estudios de medicina na universidade galega.
1942
Remata os seus estudos de medicina. A pesares da súa vasta preparación tanto teórica como práctica, que o facultaría para abrir consulta en calquera cidade do país, o seu amor ás raíces e o seu desexo de poñer o seu saber a disposición dos veciños da súa parroquia natal fai que abra consulta en S. Miguel de Castro, na palleira da casa petrucia sen descoidar en ningún momento os estudios de doutoramento. Nesa época comeza a labrar a súa merecida sona de home preocupado non só polas doenzas do corpo senón tamén da alma e a súa casa queda pequena para recibir a tantas persoas que acuden a el en busca de remedios para a súa saúde e tamén como conselleiro e amigo, polo que dende moi pronto se plantexa a necesidade de crear unha clínica na parroquia de Castro, algo totalmente fóra de uso naquel tempo.
1945
No mes de setembro casa con dona Maria Victoria Fernández de la Torre, maestra nacional, e natural do veciño concello de Boqueixón. Froito deste matrimonio han se-los tres fillos : Manuel Angel, Maria Victoria e José Luís.
1960
Defensa da súa tese de doutoramento, Contribución al estudio vascular de la articulación de la muñeca” que écualificada cun Sobresaínte Cum Laude, acadando o título de Doutor en Medicina e Ciruxía, título do que nunca fixo ostentación pois nas súas verbas prefería ser “D. Manuel ou Señor médico...pero nunca doutor” polo seu afán de humanizar a práctica da medicina e facela máis cercana ó pobo.
1966
Obtén o título de Especialista do Aparato Dixestivo e nos anos posteriores a súa actividade profesional lévao ser Socio numerario da Academia Médico Cirúrxica de Santiago, Socio Fundador da Sociedade Galega de Patoloxía dixestiva e Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Coruña.
1976
Comeza a faceta de escritor comprometido co seu entorno, mostra do seu compromiso activo coa terra, a historia e a arte local. Publica “Guía turística de La Estrada” á que seguirían nos seguintes anos moitos outros títulos, todos eles referidos a aspectos artísticos, históricos, etnográficos, etc do Concello da Estrada.
1978
Preside a comisión que elabora o anteproxecto do Estatuto de Galicia, coñecido como " O Estatuto dos 16".
1980
Os amplos e documentados traballos sobre as terras da Estrada e o seu traballo como Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo, fanno merecedor da Medalla de Prata o Merito Turistico.
1986
Con motivo da súa xubilacion oficial, recebe en San Miguel de Castro un multitudinario homenaxe.
1987
Sae elexido Alcalde da Estrada.
1994
Fina ó 20 de xuño na súa casa de San Miguel de Castro.