Datas dunha vida
1821 - 14 de xuño
Nace en Vilancosta - Berres. Fillo do licenciado Dionisio Valladares Gómez e María Concepción Núñez Morciego.
1825
Nace a sua irmá Avelina. Poetisa e escritora, que seria coñecida como a Cantora da Ulla.
1833
Inicia estudios de Filosofia na Universidade de Santiago, carreira na que fai tres cursos, para logo comenzar a de Dereito.
1840
Acada o titulo de Bacharel en Leis na Universidade de Santiago.
1842
Obten o titulo de licenciado en Dereito.
1862
Ingresa na administración civil do Estado onde chega a ser Xefe superior en Pontevedra.
1866
Abandona o seu posto como funcionario e retirase a vivir no seu pazo de Vilancosta, na baixada o Berres cara o Úlla, fronte ao Pico Sacro.
1867
Escribe o Cantigueiro Popular. (1ª Edición moderna: 1970)
1880
Publica en La Ilustracion Gallega y Asturiana, Maxina ou a filla espurea , a primeira narración extensa da modernidade literaria en galego.
Publica o poema " A Castañeira de Santiago" dentro do libro "El idioma gallego" de Antonio de la Iglesia.
1884
Publica o seu Diccionario Gallego-castellano, que conten dez mil seiscentos vocábulos, acompañados de setenta refráns e duascentas dúas cantigas, e que lle valeu o seu nomeamento como membro da Real Academia Española.
1892
Escribe Elementos de gramática general, gramatica galega inedita ata 1970.
Catro poemas seus aparecen no "Álbum de la Caridad" entre os que destaca A fonte do Pico Sacro.
1902
Morre a súa irmá Avelina.
1903 - 20 de maio
Fina na sua casa de Vilancosta - Berres.