Álvarez Insúa, Waldo |
|
![]() |
Concello da Estrada Praza do Concello s/n 36680 A Estrada - Pontevedra Telf: 986570165 info@aestrada.gal |
- Política de privacidad - Aviso legal |
Conforme con: HTML5 | CSS 3.0 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
|
É un dos escritores máis importantes nacidos na Estrada (xuño de 1858). Finou en Madrid o 10 de agosto de 1938. Emigrado a Cuba, funda "El Eco de Galicia" e ocupa importantes cargos directivos na dirección no Centro Galego. Regresa a España onde exerce como avogado. Fundador do Centro Galego en Madrid e colaborador da prensa madrileña, principalmente en "El País" e "El Liberal", "La Ilustración Gallega y Asturiana", "La Esfera" e "Blanco y Negro", segue a escribir para xornais de La Habana, Buenos Aires e o estradense "El Emigrado".
As súas obras máis coñecidas son Ecos de mi patria, Últimos días de España en Cuba, Alma nueva, La boca de la Esfinge e Emigración. En La Habana publicou entre outros Aires da miña Terra.