Biografía Xosé Lueiro Lemos

Naceu en Bemil ( Caldas de Reis) no ano 1.969. Pasará os seus primeiros anos a orelas do Umia. Á idade de tres anos trasladarase a vivir á Estrada. Na súa etapa escolar comeza a familiarizarse coa literatura de Enid Blyte, Robert Louis Stevenson, Jules Verne, Arthur Conan Doyle... A finais do Bacharelato unha guitarra acadada nun sorteo dunha tómbola levarao a emprender un percorrido musical no seo do grupo “ La  Señal”, co que gravará catro discos. El escribe e interpreta a meirande parte dos temas. Compaxina a música cos seus estudos na Facultade de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, onde comezará a profundizar nos clásicos da literatura galega Unha vez finalizados os estudos, e co gallo de difundir a actividade teatral polas parroquias da Estrada, será un dos fundadores do Grupo de Teatro Municipal “ Os Tirinautas”, grupo que nos seus comezos porá en escena diferentes textos adaptados e orixinais de clásicos estradenses coma Avelina Valladares, García Barros, Varela Buxán. Ao mesmo tempo tamén é un dos que artellan o festival “ Viven”, coa pretensión de unificar a dispersa comunidade de músicos estradenses. Será asimesmo un dos fundadores da folla poética “ Augas Verso”, coa finalidade de difundir a obra poética de autores estradenses. No ano 2.002 escribe a banda sonora dunha comedia musical “ El Zorro”, estreada no teatro Calderón de Madrid e comeza a se adicar con máis intensidade á faceta de cantautor. Por outra banda, as montaxes do grupo de teatro local, baixo a súa dirección, acadan un éxito sen precedentes coa obra  “Ensalada de Mosquito” .

 

Ten publicadas dúas obras, unha de poesía titulada ANTOLOXÍA DUN NAUFRAXIO ( Galinova, 2.000) e unha adaptación teatral do extenso poema de Avelina Valladares “ Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego” titulado AS PAPOULAS DO PEREGRINO ( Ed. Fervenza, 2.002).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1