Campamentos no Mar 2016

09 Xuño 2016

Ábrese o prazo para a inscrición no Campamento no Mar organizado polo Concello no presente ano, dirixido a rapaces e rapazas entre os 8 e 16 anos de idade.

 O campamento desenvolverase no Campamento Xuvenil "Virxe de Loreto" - Porto do Son do 21 ó 29 de agosto    

A cota xeral de inscrición para participar nas actividades e de 60 euros.

Contémplanse  2  modalidades de bonificación sobre a cota de inscrición para rapaces e rapazas empadroadas no concello da Estrada:

            A) Gratuidade: Acudirán en réxime de gratuidade aqueles nenos/as que se atopen en calquera das seguintes situacións:

  • Nenos e nenas en situación de vulnerabilidade que conten coa prescrición técnica na que se propoña a súa incorporación ó Campamento en réxime de gratuidade.
  • Os nenos/as que se atopen en situación de acollemento familiar,  e que conten con informe favorable por parte do traballador social de referencia. 
  • Os nenos/as saharauís acollidos por familias da Estrada con motivo do desenvolvemento do Programa Vacacións en Paz 2016, sempre e cando teñan presentada a ficha de inscrición e restante documentación.

            B) Bonificación do 50% da cota de inscrición: Abonarán o 50% da cota de inscrición   os rapaces e rapazas que se atopan nas seguintes situacións:

  • familias con cartilla de familia numerosa vixente
  • familias  cunha renda per cápita anual na unidade familiar igual ou inferior o 65% do IPREM  correspondente ó ano 2015 (renda per cápita de 4.153,85 euros ano na unidade familiar).  
  • Nos casos de que varios irmáns participantes, o segundo e seguintes  terán unha bonificación do 50% da cota de inscrición.

A efectos de  valoración de  solicitudes que solicitan bonificación  por ter unha renda per cápita  anual inferior a  4.153,85 euros no ano 2015, considérase unidade familiar os pais e fillos solteiros menores de 26 anos  que vivan no domicilio familiar.                                                      

  O custe da inscrición a pagar por aqueles nenos ós que se lles conceda bonificación do 50% será 30 euros.                 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 10 ó 23 de xuño.

As solicitudes, segundo modelo, presentaranse  no Rexistro de Entrada do Concello dentro do prazo,  acompañadas a seguinte documentación:

  • Fotocopia cotexada do D.N.I. do pai, nai ou titor.            
  • Fotocopia cotexada do Libro de Familia completo
  • Fotocopia cotexada da cartilla de familia numerosa (non será válida se non esta vixente)                  
  • Volante de empadroamento

No caso de inscricións que soliciten bonificación  por motivos económicos (familias con RPC inferior a 4.153,85 euros) deberán presentar os seguintes xustificantes correspondentes ós  pais do menor participante e ós  fillos solteiros menores de 26 anos que residan no domicilio familiar:

  • Copia cotexada da derradeira declaración da renda ou certificación negativa.
  • Informe de vida laboral
  • Xustificantes de prestacións do INEM  e/ou pensións se fose o caso correspondentes ó ano ó 2015.
  • Calquera outro documento que acredite os seus ingresos no ano 2015

Unha vez comunicada a concesión de praza e publicada na páxina Web do concello  www.aestrada.com  e no taboleiro de anuncios do concello, deberán presentar no prazo de 5 días a seguinte documentación:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor participante  
  • Cuestionario medico-sanitario (modelo) e certificado médico, no caso de que o menor precise de medicación ou atencións especiais.
  • Cartilla de vacinacións ou certificado médico acreditativo das mesmas
  • 1 fotografía tamaño carné
  • Xustificante de pago da cota de inscrición

De non presentar a documentación nos prazos indicados entenderase a renuncia a praza e  procederase a incorporación das persoas que se atopan na lista de reserva.

 

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO OU CHAMANDO Ó TEL.   986 57 32 65

 

cartel Campamento no Mar 2016

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1