O Concello de A Estrada en colaboración coa Fundacion Amigos de Galicia vai a impartir un curso de dixitalización para persoas de 65 anos en adiante co fin de fomentar a autonomía e a independencia das pesoas maiores nas novas tecnoloxías.
A Fundación Amigos de Galicia ven desenvolvendo o programa “MELLOR ACOMPAÑAD@S” que persiguen esta finalidade de autonomía nas persoas maiores, que está a impartir en diversos concellos de maneira gratuita, asumindo os Concellos o facilitar instalacións adecuadas para impartir estos cursos e buscar os usuarios/as que estén interesados en completar este tipo de formación.
O curso terá 4 módulos que se impartirán en cada sesión, e tratará de dar formación a fin de que as persoas maiores sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático, banca electrónica, as utilidades dos teléfonos móviles (agregar contactos, usar as aplicacións mais comúns e necesarias, como citas e consultas para o Sergas ou calquera outra administración).
Creemos que será unha actividade moi interesante para o colectivo ó que se dirixe, xa que incluso hai demanda de esta formación no propio Concello, que xa está estudando a posibilidade de facer esta formación para os maiores en diversas charlas que se impartirán pola zona do rural para poder chegar aos usuarios/as mais facilmente.
De esta colaboración sae a realización de estes cursos que se impartirán os días 16 e 23 de Febreiro e os dias 2 e 9 de marzo en horario e 10:00 a 12:30 no Edificio de Usos Multiples, e para levar a cabo esta actividade requírese un mínino de 12 persoas e un máximo de 15.
Só será necesario que as persoas leven o seu teléfono móvil e decir que o curso é GRATUITO para os participantes.
O PRAZO PARA PODER APUNTARSE SERA DO 31 DE XANEIRO ATA O 13 DE FEBEIRO (AMBOS INCLUÍDOS) E PODERÁN APUNTARSE NO DEPARATAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO EN HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS OU TAMÉN DENDE A SEDE ELECTRONICA DO CONCELLO.
RESUMO:
DIXITALIZACIÓN PARA PERSOAS MAIORES "MELLOR ACOMPAÑAD@".
DIRIXIDO A: PERSOAS DE 65 ANOS EN ADIANTE
DATAS DE ACTIVIDADE:16 e 23 de febreiro; 2 e 9 de marzo
HORARIO: DE 10:00h a 12:30h
LUGAR DE ACTIVIDADE: EDIFICIO DE USOS MÚLTIPLES
NECESARIO LEVAR: TELÉFONO MÓVIL
NÚMERO DE PARTICIPANTES: MÍNIMO 12, MÁXIMO 15
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 31 DE XANEIRO Ó 13 DE FEBREIRO (AMBOS INCLÍDOS)
LUGAR DE PRESENTACIÓNDE SOLICITUDES: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS (DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE 9:00H A 14:00H) E POLA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE A ESTRADA.
O CURSO É GRATUÍTO