Augas ferruxinosas
Augas ricas en ferro bivalente. A súa acción activadora da eritropoese e as encimas oxidantes convérteas en antianémicas e reconstituíntes, polo que se recomendan especialmente para anemias ferropénicas, trastornos do desenvolvemento, convalecencias e hipertiroidismo; tamén son moi recomendables en réximes adelgazantes.