. | ||
![]() Unha realidade en marcha que evoluciona a carón das esixencias imperantes A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada é unha Institución sen ánimo de lucro que xurdiu a finais do ano 1992 co obxectivo de promocionar o sector da madeira e o moble, piar básico sobre o que se sustenta o desenvolvemento socio-económico desta comarca.
A Fundación alberga outra serie de actividades tales como a "ESCOLA DO MOBLE", proxecto de Formación Ocupacional, financiado integramente pola Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. Esta escola, vén funcionando dende o ano 1993, proporcionándolles aos desempregados unha cualificación profesional para a súa integración no mercado laboral xa que, por diversas causas saíron dos circuítos formativos convencionais, sen acadar un nivel formativo acorde coas esixencias do momento que nos toca vivir. Por outra banda, a Fundación de Exposicións e Congresos, é centro colaborador do SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN e conta así mesmo cun departamento de ORIENTACIÓN LABORAL. Dende ambos dous, vense xestionando de cotío e de forma gratuíta a demanda e a oferta de emprego, tanto da Estrada como da súa área de influencia. No eido cultural, instituíu o "PREMIO XORNALÍSTICO M. REIMÓNDEZ PORTELA" que promove e divulga a lectura. A Fundación organiza tamén a " FEIRA DE PROFESIONAIS DO MOBLE", e o " SALóN DAS ANTIGÜIDADES " no que se mostran tanto mobles como outros complementos antigos. Na actualidade, esta Institución está acometendo importantes cambios estruturais e organizativos para dar unha resposta clara e contundente ás necesidades dos sectores productivos que se identifican coa nosa política de xestionar os recursos dispoñibles e que se implican de forma activa no seu devir cotián. Escola do Moble da EstradaA Escola do Moble da Estrada, vén desenvolvendo a súa actividade de formación ocupacional dende 1993 coa finalidade de insertar laboralmente unha cualificación profesional dentro do sector do moble e da madeira, ámbos dous de grande implantación na comarca da Estrada. A formación conquerida na nosa escola permítelles entrar na dinámica laboral cunha grande competitividade en termos de coñecementos teóricos e prácticos. Esta formación vese complementada mediante a impartición de seminarios, cun contido que vén determinado polas tendencias marcadas dende o ámbito empresarial. A optimización dos recursos humanos convértese na clave da capacidade de iniciativa e competencia técnica dunha comunidade. Esta é a tradución máis concreta dos proxectos da Escola do Moble da Estrada que deron como resultado un índice de inserción laboral superior ao 37% Cursos Impartidos
Datos de Interese
Actividades Complementarias:
Visitas Didácticas
Outras Actividades
|
Feira do Moble
![]() |
Concello da Estrada Praza do Concello s/n 36680 A Estrada - Pontevedra Telf: 986570165 info@aestrada.gal |
- Política de privacidad - Aviso legal |
Conforme con: HTML5 | CSS 3.0 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
|