Obxectos perdidos

 

RECEPCIÓN DO OBXECTO 

Se alguén atopa un obxecto perdido, pódeo entregar de forma persoal nas oficinas da Policía Local, situadas na Praza da Feira N.º6, en horario de 09.00h a 14.00h, ou chamando por teléfono ao número 649446915.

 

 

ENTREGA DE OBXECTOS PERDIDOS AO SEU PROPIETARIO 

Para a retirada dos obxectos perdidos será necesario o seguinte:

  • DNI ou pasaporte do titular. Tamén pode ser retirado por unha persoa autorizada presentando o seu DNI ou o pasaporte vixente, ademais da autorización escrita do titular e unha fotocopia do DNI ou pasaporte vixente deste último.
  • Descrición do obxecto, lugar e data aproximada do extravío.
  • Factura da compra ou foto do obxecto; no caso de teléfono móbil, tableta, ordenador portátil, debe encendelo, indicar o seu IMEI ou contraseña e presentar proba de que é o propietario.

 

Aquí pode ver unha lista dos obxectos encontrados:

 

 DATA  LUGAR  OBXECTO
11-01-2023 PEREGRINA XOGO CHAVES
18-01-2023 SAN ANTON MONEDEIRO
18-01-2023 JUSTO MARTINEZ TELÉFONO MÓBIL
08-02-2023 AV. BENITO VIGO CHAVEIRO + USB
13-02-2023 AV. SANTIAGO CHAVES
14-02-2023 JUSTO MARTINEZ CHAVE VEHÍCULO
14-02-2023 IRYDA TARXETA KIROLBET
18-02-2023 PRAZA FEIRA CHAVES
18-03-2023 GUIMAREI TELÉFONO MÓBIL

 

 

Para acceder ó listado de obxectos perdidos do ano 2022, prema aquí.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1