Anuncios
Anuncio información pública desafectación do tramo/anaco de camiño público radicado en Curantes - Olives
-
22 Novembro 2022
O Concello Pleno, na súa sesión celebrada en data 03.03.22, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou inicialmente a desafectación do tramo/anaco de camiño público radicado en Curantes – Olives, que de seguido se describe:
Información pública pola cesión dunha finca na parroquia de Ribeira para ser destinada ao uso de cemiterio
-
15 Febreiro 2021
Tras a tramitación oportuna, no Pleno do Concello de A Estrada, en sesión celebrada o día 21 de Decembro de 2020, adoptou por unanimidade o seguinte acordo: a cesión gratuíta ao Arzobispado de Santiago de Compostela do ben inmoble: Finca 500 do polígono 4 destinada a masa común no sitio de Outeiro, parroquia de Ribeira, no Concello da Estrada. (Expte. 4348/2020).
De acordo co establecido no artigo 110 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, sométese a información pública dos interesados polo prazo de 20 días, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxerencias e que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.
Información pública do Convenio coa Sociedad Deportiva Río Ulla
-
09 Febreiro 2021
Mediante Decreto desta Alcaldía de data 17 de setembro de 2020 aprobouse o Convenio coa Sociedad Deportiva Río Ulla para destinar durante un prazo de 20 anos as instalacións que posúen na Praia Fluvial ao interés xeral, como zona de ocio e esparcimento (praia fluvial, zona de xogos, lecer, actividades culturais, etc.).
O que se somete a información pública, por un prazo de 20 días, contado a partires do día seguinte da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial de Pontevedra, aos efectos de presentación de posibles alegacións.
Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións relativo á finca radicada na parte posterior da Estación de Autobuses de A Estrada
-
05 Febreiro 2021
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 13.05.19, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións relativo á finca radicada na parte posterior da Estación de Autobuses de A Estrada ( ref. cat. 36017A104001130000RH ou rexistral núm. 60.854 ), asinado pola arquitecta, Dna. Beatriz Abel Pazos, de data setembro de 2018, presentado por Gas Galicia SDG, S.A. en formato dixital o día 19.12.18 ( r.e. núm. 10.761 ).
Plan Especial para a fixación de aliñación na finca núm. 527 Z.C.P. de San Miguel de Barcala
-
05 Febreiro 2021
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 28.09.20, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan Especial para a fixación de aliñación na finca núm. 527 Z.C.P. de San Miguel de Barcala, asinado pola arquitecta, Dna. Beatriz Abel Pazos (visado en data 10/08/2016) e o anudado Documento Técnico que incorpora as aliñacións no núcleo 07/05 Paraño, asinado por igual arquitecta, en data outubro de 2018 (sen visar); promovido por Dna. Eva María Fariña Dios.
![]() |
Concello da Estrada Praza do Concello s/n 36680 A Estrada - Pontevedra Telf: 986570165 info@aestrada.gal |
- Política de privacidad - Aviso legal |
Conforme con: HTML5 | CSS 3.0 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
|