Anuncios
Aprobación inicial do regulamento de organización e funcionamento do servizo socioeducativo municipal "Espazo Concilia A Estrada"
-
24 Xaneiro 2018
Con data de 4 de xaneiro de 2018 procedeuse polo Pleno da Corporación á aprobación inicial do Regulamento de Organización do Servizo Socioeducativo “Espazo Concilia A Estrada”.
Faise público o Acordo a efectos de que os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de Servizos Sociais do Concello, e realizar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas, no prazo de 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao de publicación do presente no Boletín Oficial da Provincia.
De non presentarse reclamacións ou suxestións dentro de prazo, o Acordo, ata entón provisional, entenderanse definitivamente adoptado, procedéndose á publicación no BOP do texto íntegro da Ordenanza modificada.
Anuncio "Encomenda da xestión da programación do Teatro Principal para o ano 2018"
-
15 Xaneiro 2018
Aprobación definitiva do acordo de modificación da ordenanza reguladora do aparcamento de horario limitado
-
11 Xaneiro 2018
Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles
-
13 Novembro 2017
Vista a proposta da Alcaldía-Presidencia de data 09/10/2017.
Visto o artigo 62.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, que dispón:
“As ordenanzas fiscais poderán regular unha exención a favor dos bens de que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, sempre que estean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos dos referidos centros. A regulación dos restantes aspectos substantivos e formais desta exención establecerase na ordenanza fiscal.”
Visto o interese da Alcaldía-Presidencia deste Concello de favorecer as inversións das Administracións competentes en materia sanitaria neste Concello, co fin de mellorar as instalacións existentes na actualidade no termo municipal.
Visto que o artigo 4 (Exencións) da vixente Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles non recolle unha exención polo motivo indicado no artigo 62.3 do TRLHL.
Visto o informe emitido pola Secretaría municipal con data 10/10/2017.
Visto o informe da Intervención municipal de data 18/10/2017.
Visto o Ditame acadado pola Comisión Informativa de Facenda e Especial de Contas en sesión celebrada o 26/10/2017.
ACORDAMOS:
Primeiro. Engadir o apartado e), dentro do artigo 4.2 da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles coa seguinte redacción:
Establécese unha exención a favor dos bens que sexan titulares dos Centros sanitarios de titularidade pública, sempre que os mesmos estean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos de ditos Centros. Para a concesión da exención requirirase a previa solicitude do interesado na que se relacionen, con indicación da súa referencia catastral, os bens para os que se solicita a exención e se xustifique a titularidade do mesmo polo Centro sanitario, e a súa afección directa aos fins sanitarios de ditos Centros.
Segundo. Publicar o anuncio deste Acordo no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica e páxina web municipal, así como no Boletín Oficia da Provincia de Pontevedra, aos efecto de que os interesados poidan presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas no prazo de 30 días, a contar a partires do seguinte á publicación do anuncio no BOP.
Terceiro. Tralo preceptivo trámite de información pública e, de non presentarse reclamacións ou suxestións dentro de prazo, o Acordo, ata entón provisional, entenderase definitivamente adoptado, procedéndose a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o texto íntegro da nova Ordenanza.
Cuarto. Facultar ao Sr. Alcalde para subscribir e asinar toda clase de documentos relacionados con este asunto.
Aprobación inicial de modificación da Ordenanza reguladora do Estacionamento do Horario Limitado
-
13 Novembro 2017
Con data de 2 de novembro de 2017 procedeuse polo Pleno da Corporación á aprobación inicial de modificación da Ordenanza reguladora do Estacionamento do Horario Limitado.
Descargar información completa.
![]() |
Concello da Estrada Praza do Concello s/n 36680 A Estrada - Pontevedra Telf: 986570165 info@aestrada.gal |
- Política de privacidad - Aviso legal |
Conforme con: HTML5 | CSS 3.0 |
![]() ![]() ![]() ![]() |
|