Que é ? |
É un tributo directo sobre a propiedade ou titularidade dun dereito real ( usofructo, superficie ou concesion administrativa ) dos bens inmobles de natureza urbana ou rústica sitos no término municipal. |
Quen ten que pagalo ? |
O propietario ou titular do dereito sobre o inmoble. |
Hai algunha exención ou bonificacion ? |
- Si, as contempladas nos artigos 4 e 9 da correspondente Ordenanza. |
Como se tramita ? |
Os trámites varían segundo se trate dunha : - Alta ou Modificación - Cambio de nome do titular do inmoble. - Solicitude exención ou bonificación |
Canto custa ? |
A base liquidable deste imposto e o valor catastral do ben inmoble coas reduccións que legalmente lle correspondan. A cota ven dada pola aplicación á base liquidable dos seguintes tipos de gravame : - Bens inmobles urbanos : 0,4 por cento. - Bens inmobles rústicos : 0,3 por cento. - Bens inmobles de características especiais : 0,6 por cento. A cantidade resultante poderá minorarse co importe das bonificacións previstas no artigo 9 da Ordenanza. |
Cando hai que pagalo ? |
Calendario do Contribuinte. |
Como se paga ? |
- Nas oficinas do ORAL - Av. Benito Vigo, 51 - A Estrada. - Mediante Domiciliación bancaria. |
Onde podo atopar máis información ? |
- Na páxina do Catastro. - Consultando a Ordenanza fiscal. - Na Lei de Facendas Locais artigos 61 a 78. |