Que é ? |
- A obriga que teñen os propietarios de novas construcións de dalas de alta. - Os propietarios de construcións existentes que fixeran variacións nas mesmas están obrigados a presentar a correspondente declaración de modificación catastral |
Quen a ten que presentar ? |
Os propietarios ou promotores nos seguintes casos : - Nova construción. - Demolición dunha construción existente. - Modificación do uso ou destino dun edificio. - Constitución de dereitos reais. - Concesións administrativas. - Divisións propiedade horizontal. - Agrupación ou segregación de fincas. |
Qué documentos hai que aportar ? |
A correspondente declaración segundo os modelos aprobados pola Dirección Xeral do Catastro (modelos 902 e 902-S). As declaracións de alta deben presentarse na Dirección Xeral do Catastro ou no Concello xunto coa documentación seguinte : 1. Fotocopia do último recibo do I.B.I. da finca obxecto da declaración, caso de telo pago. 2. Segundo o tipo de declaración : 2.1 No caso de nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación: - Plano de situación. - Plano do solar - Planos definitivos de cada planta diferente. - Certificado final de obra ou licenza de primeira ocupación. - Follas de anexos de datos técnicos (cando haxa máis dun titular, tantas follas do anexo I -relación de titulares- como sexan necesarias) 2.2 No caso de demolición total ou parcial: - Fotocopia do documento acreditativo da demolición ( licenza municipal ) - Descrición gráfica da situación resultante. 2.3 No caso de modificación de uso ou destino : - Fotocopia do documento que acredite a modificación ou variación - Cando haxa máis dun titular, tantas follas do anexo I -relación de titulares- como sexan necesarias. 2.4 No caso de variación da natureza do ben : - Fotocopia do documento orixe do cambio da natureza do ben. - Planos ou croquis acotados 2.5. No caso de constitución de dereito real: - Fotocopia do documento de constitución do dereito real 2.6. No caso de outorgamento de concesión administrativa: - Fotocopia do documento de concesión. 2.7. No caso de división da propiedade horizontal: - Fotocopia do documento polo que se fai a división - Tantas follas de relación de titulares como sexan necesarias (modelo no anexo I) 2.8. No caso de agrupación de fincas : - Documento notarial polo que se fai a agrupación. - Memoria visada. - Plano da situación anterior visado. - Plano da situación resultante visado. - Tantas follas do anexo II (relación de fincas agrupadas) como sexan necesarias 2.9. No caso de segregación de fincas : - Documento notarial polo que se orixina a segregación. - Memoria visada. - Plano da situación anterior. - Plano da situación resultante. - Tantas follas de relación de titulares como sexan necesarias. |
Canto custa ? |
O que determina a taxa por inscrición ou alteración catastral fixada polo Ministerio de Economía e Facenda. |
En que datas hai que facelo ? |
Sempre que exista algunha variación ou modificacion. |
Como e donde se pode presentar ? |
Na Intervención Municipal Por internet, na páxina da Dirección Xeral do Catastro. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Immediata. |
Onde se pode atopar máis información ? |
Na páxina do Catastro. |
Preguntas máis frecuentes |
1. ¿ Que impresos teño que utilizar en cada caso ? - Depende do tipo de alteración do que se trate : No casos de . Nova construción, ampliación, rehabilitación ou reforma . Demolición total e/ou parcial . Agregación/división/segregación/agrupación de fincas . Modificación de uso-destino. . División horizontal Procede presentar o impreso 902 - Alteracións de bens de naturareza urbana, sempre en solo urbano dun propietario. No resto dos casos hai que presentar o impreso 902-S Alteración de bens de naturareza urbana, simplificada. |