Que é ? |
Un tributo indirecto que grava a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda ao Concello. |
Quen pode solicitar ? |
O promotor da obra. |
Que documentación hai que presentar ? |
A documentacion varía segundo se trate dunha: Obra maior. Obra menor. |
Canto custa ? |
- Un 2 % sobre orzamento da obra polo que a o ICIO se refire. Tamén procede a liquidación da Taxa por Licenzas Urbanísticas Se a execución das obras precísase da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos ...) tamén se liquidará a Taxa correspondente. |
En que datas se pode facer ? |
Sempre. |
Como e onde hai que presentalo ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
20 días aproximadamente. |
Que documentación entrega o Concello ? |
- Xustificante da solicitude - Liquidación do pagamento das taxas e impostos. - Notificación definitiva da resolución do expediente. - Licenza de obras. |
Onde se pode atopar máis información ? |
- No Servizo Municipal de Urbanismo - Casa do Concello. - Solicitude licenza Obra maior. - Solicitude licenza Obra menor. - Ordenanza fiscal do Imposto sobre Contrución, Instalacións e Obras. - Ordenanza fiscal da Taxa por Licenzas Urbanisticas. - Ordenanza fiscal da Taxa por Ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materias de construción, ...- Lei 1/97 do Solo de Galicia e Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común. |