Que é e para que sirve ? |
Permiso que dá o Concello para a realización de obras menores. Considéranse menores aquelas obras e instalacións de técnica sinxela e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración volumétrica, do uso, das instalacións e servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de todas as clases. Por exemplo : Reforma de interior de locais ou vivendas que non afecten á súa estrutura ou fachada, instalación de rótulos, mantemento e conservación de fachadas, peches de parcelas, construción de muros de contención, ..., e outros. |
Quen o pode solicitar ? |
O interesado ou calquera persoa na súa representación e autorizada por este. |
Que documentos hai que aportar ? |
- Solicitude na que se incluirá : 1. Identificación completa do promotor e da finca na que se vai a obrar. 2. Descrición detallada da obra o actuación. 3. Data prevista para a finalización das obras. 4. Orzamento da obra a realizar. 5. Outros Documentos e condicionamentos a ter en conta na solicitude de determinadas licenzas urbanísticas. |
Canto custa ? |
Os seguintes importes : - Entre 12,02 e 72,12 euros, segundo a zona en concepto de Taxa por Licenzas Urbanísticas - Un 2 % sobre o orzamento da obra en concepto de Imposto sobre Construcións, Instalación e obras. Se a execución das obras precisara da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos ...) tamén se liquidará a Taxa correspondente. |
En que datas se pode facer ? |
Sempre |
Como e donde se pode presentar ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Menos de 20 días. |
Que documentación entrega a Concello ? |
- Comprobante da solicitude - Liquidación para facer o pagamanto das taxas e dos impostos - Notificación definitiva da resolución do expediente - Licenza de obra menor |
Onde se pode atopar máis información ? |
- No Servizo Municipal de Urbanismo - Casa do Concello - 1ª. Andar - Teléfono 986.57.01.65 - Ordenanza do Imposto sobre construción, instalacións e obras. - Ordenanza da Taxa por Licenza Urbanísticas. - Ordenanza da Taxa por Ocupación da vía pública ...- Documentos e condicionamentos a ter en conta na solicitude de determinadas licenzas urbanísticas. |
Outras informacións de interese |
Se se trata dunha solicitude de licenza de obras para acondicionar locais para a creación de novos comercios ou industrias, poden solicitarse simultaneamente as dúas licenzas. Solicitude de Licenza de Obra maior. |