Que é ? |
É un tributo que grava a realización de actividades empresariais, profesionais e artísticas. |
Quen ten que pagalo ? |
As empresas ou sociedades civís que realicen algunha desas actividades, cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa superior a 1 millón de euros.
Segundo o artigo 83 da Lei de Facendas Locais, estan exentos : -As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.). -As empresas ou sociedades civís que inicien o exercicio da súa actividade en territorio español, durante os dous primeiros períodos impositivos deste imposto en que se desenvolva a mesma. |
Hai algunha bonificación ? |
As bonificacións son as previstas no artigo 89 da Lei de Facendas Locais. |
Como se tramita ? |
Os trámites varían segundo se trate dunha : - Alta ou Baixa no Imposto. - Modificación de elementos tributarios. - Solicitude exención ou bonificacion |
Canto custa ? |
Segundo a Lei 39/88 de Facendas Locais, as cotas anuais resultan de aplicar as Tarifas do Imposto aprobadas por R.D.L. 1175/1990 e o RDL 1259/1991 un coeficiente de ponderación que varía entre o 1,29 e o 1,31 segundo a cifra de negocios do suxeito pasivo. |
Cando hai que pagalo ? |
Calendario do Contribuinte. |
Como se paga ? |
- Nas oficinas do ORAL - Av. Benito Vigo, 51 - A Estrada. - Mediante Domiciliación bancaria. |
Onde podo atopar máis información ? |
- Na Lei de Facendas Locais - artigos 79 a 92 - Consultando a Ordenanza fiscal. |