Bonificacións fiscais nos impostos e taxas municipais
Neste documento recóllense as posibilidades que as persoas con menores recursos económicos, as familias numerosas, os veciños de núcleos rurais, os discapacitados, os propietarios de vivendas de protección oficial, ... teñen de pagar menos impostos e taxas ao Concello.
ACTIVIDADE ECONÓMICA Imposto Actividades Económicas IAE |
NON terán que pagar o IAE :
- As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.).
- As empresas ou sociedades civís cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa inferior a 1 millón de euros.
- Aquelas empresas con cifra de negocios superior a 1 millón de euros se inician no 2003 a súa actividade.
|
ACTIVIDADE ECONÓMICA Imposto Bens Inmobles IBI |
- Bonificación do 90% durante un período máximo de 3 anos os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, sempre que non formen parte do seu inmobilizado.
Debe solicitarse antes do comezo das obras, presentando os estatutos da sociedade e a certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance (para os efectos do imposto de sociedades), sobre a non inclusión no inmobilizado do inmoble obxecto de bonificación.
|
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Garderia Infantil |
- Redución do 10% ao 100% nas cotas mensuais da Gardería Infantil segundo ingresos da unidade familiar.
|
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS
|
|