Que é ? |
Contratar co concello o subministro do servizo de auga, de conformidade coas condicións fixadas na Ordenanza correspondente. |
Quen o ten que solicitar ? |
Os propietarios, ocupantes ou usuarios das vivendas e locais situados nas zonas donde se presta o servizo ( na actualidade no casco urban e na parroquia de Codeseda ). |
Que documentos hai que achegar ? |
Unha solicitude asinada polo interesado/a. Plano de situación do inmoble, indicando o lugar donde se desexa instalar o contador. Plano das instalacións interiores existentes Boletín de instalación segundo o modelo da Consellería de Industria e Comercio. Número de contador de auga. |
Canto custa ? |
- Alta ( a percibir dunha soa vez ) Cobraranse 18,80 € por cada acometida que se faga no inmoble, por cada vivenda ou local independente. En concepto de Garantía o solicitante deberá constituír un depósito de : Usos domésticos : 31,30€ ou 62,50 €, segundo se trate do propietario ou inquilino do inmoble. Usos industriais : 62,50€ ou 125€, segundo se trate do propietario ou inquilino do inmoble. Obras en construción : 125 €. A tarifa por consumos figura no Anexo da Ordenanza correspondente, así como a bonificación do 50 % establecida para parados ou xubilados que cumpran determinadas condicións. |
Cando se pode solicitar ? |
Sempre. |
Como e donde se pode solicitar ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
In |
|