Que é ? |
Declaración que se fai para comunicar altas, baixas, variacións ou rectificacions no padrón do Imposto sobre actividades económicas |
Quen o pode solicitar ? |
As persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan unha actividade empresarial, profesional ou artística na Estrada . |
Que documentos hai que presentar ? |
1. Declaración segundo o modelo oficial que se pode recoller na Intervención Municipal. 2. Copia do DNI de quen a presenta. |
Canto custa ? |
A tramitación é gratuíta. |
Cando hai que facelo ? |
Os prazos son diferentes en cada un dos casos : - Alta : dentro dos 10 días hábiles inmediatamente anteriores ao inicio da actividade. - Baixa: un mes a partir da data de peche. - Variación dos elementos tributarios (cando estes excedan do 20 %): un mes a partir da data na que se fixo a variación. |
Como e onde hai que presentala ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Immediata. |
Que documentación entrega ao Concello ? |
Segundo o caso, documento de liquidación, recibo ou comprobante da actuación efectuada e copia da declaración presentada. |
Onde podo atopar máis información ? |
- Na Lei de Facendas Locais - artigos 90 a 92. - Consultando a Ordenanza fiscal. |