Subvencións

Concello da Estrada convoca as Axudas Municipais á Creación de Empresas 2022

18 Mai 2022

 

Empresas beneficiarias

 

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

 

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

  1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.
  2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.
  3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.
  4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.
  5. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións .

 

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa.

 

O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (DO DÍA 19 DE MAIO AO 1 DE XUÑO)

 

 

Se fas a solicitude a través da SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA ESTRADA:

 

1) Preme: https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0

 

2) Instancia xeral: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=ATfUhUpZo9aI2uppJP5XfETX19VGAU5NgzU8NuMVywC5-7rJ*VifewwCEbjHL5CUuOBFOnGokV6DU-dX*tBmpcgGN2FIY-xLNWp0yhlwIL9AJeT-6Jtghdr2JFFvcKW-XrRoBXbACGxSK9Cl4lEvZuS*E2MlTTGtn4QJa4uMn*3D5csqAgGoCgb-hGSKz2dzDRuNJxRzgR8vynd8oRXmew

  1. Presentación en liña: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=ATfUhUpZo9aI2uppJP5XfETX19VGAU5NgzU8NuMVywC5-7rJ*Vife8rN4P9ey9p49rXpnMOdPk60HJxnE3fFmzjLdsoZd41UuW6JNrG3BCBiWwyFioioKHzoxbHzrGIcF3DhtX1HnPk
  2. Descarga da instancia: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=ATfUhUpZo9aI2uppJP5XfETX19VGAU5NgzU8NuMVywC5-7rJ*VifewwCEbjHL5CUuOBFOnGokV6DU-dX*tBmpcgGN2FIY-xLNWp0yhlwIL9AJeT-6Jtghdr2JFFvcKW-XrRoBXbACGxSK9Cl4lEvZuS*E2MlTTGtn4QJa4uMn*3D5csqAgGoCgb-hGSKz2dzDRuNJxRzgR8vynd8oRXmew

 

3) Anexa os impresos de solicitude e a documentación complementaria.

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

ANEXO V

 

4) Presenta a documentación telemáticamente ou na oficina do Rexistro.

 

Nota: RECOMÉNDASE FACER A PRESENTACIÓN DESDE GOOGLE CHROME

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1